Skip to main content
Close

Santiaguiño (gl), Santiaguín (es), Little cape town lobster (uk)

Scyllarus arctus

Photo by caldasrafa
Published on Project Noah
Zoom
NominateNominate for Wildlife Photograph of the Month
reportFlag Spotting

43.3841, -8.41144

Field Notes

Description:

Mide entre 5 e 14 cm. Presenta cefalotórax e abdome, aquel de forma rectangular e cuberto de numerosos tubérculos e escamas formando debuxos irregulares, entre os que destaca, no centro, unha agrupación que lembra a imaxe da cruz de Santiago, á que debe o nome; este deseño apréciase máis claramente trala cocción. A cor é parda escura pero coa punta dos tubérculos brancuxa. Ten os ollos encaixados no bordo anterior do cacho e unhas anténulas con flaxelos moi curtos.
Son características da especie la presenza dun par de antenas anchas e planas, con forma de pala. O animal usa estas antenas para escavar e remove-las piedras ou a area para alimentarse, xa que é basicamente preeiro. Aínda así, tamén come moluscos e pequenos invertebrados.
O abdome, longo e groso, presenta unha serie de segmentos formados por placas duras tamén cubertas de tubérculos irregulares. Poden apreciarse bandas de cor azul pálido ou alaranxado. O telson mostra unha primeira metade calcificada, sendo o resto membranoso [1].
As patas torácicas son curtas e rematan nunha uña. Nas femias, o último par de patas remata nunhas pequenas pinzas.

Péscase con nasas e con redes de arrastre.
Trátase dunha especie en franca regresión, practicamente desaparecida do mar e case ausente nos mercados desde hai anos. Captúrase esporadicamente nas nasas que se calan para outros crustáceos. En Galicia existe un Plan de explotación ditado no 2001 que limita as épocas de captura a xullo e agosto, coa pretensión de recupera-la especie.
O santiaguiño ten sona de marisco saboroso e moi apreciado, o que non impediu o seguinte comentario despectivo de Álvaro Cunqueiro:
”Quedan [de mariscos] algunhas cousas miudas, unhas que non son de moito mérito, coma os santiaguiños, que tiran a seco, aínda que haxa aficionados a xantalos en tortilla, con pirixel picado ou en salpicón, e outras que son excelentes, cun sabor fino, moi propio, coma os camaróns”.

Habitat:

Vive en fondos de rocha ou pedras, entre os 3 e os 50 m de profundidade. A súa área de distribución abarca boa parte do litoral atlántico europeo, desde as Illas Británicas ata os Azores, e mailo mar Mediterráneo.

Notes:

Fotografia sacada en el Aquarium Finisterrae (A Coruña, Galicia, España)

Species ID Suggestions

Comments (0)

Be the first to comment

Sign in to comment
Photographed
PublishedDecember 31, 2011

Accelerate our Mission to Photograph 
Every Species in the World!

Image
Butterflies icon

Wildlife Community

Wildlife Community

Join a worldwide community passionate about wildlife and nature!

Join Project Noah

Nature School

Nature School

Transform your green space into a curiosity-creating nature classroom!

Visit Nature School

Wildlife Game

Wildlife Game

Defend wildlife throughout the jungle in thrilling nature game!

Play Baboon