Error message
Unable to fetch location details at this time.
Lamprehuela (es)
Cobitis calderoni
42.056, -8.58949
Field Notes
Description:
É unha pequena especie bentónica que non supera os 8 cm de lonxitude. Corpo cilíndrico e alongado con escamas diminutas, dunha cor xeral abrancazada, con multitude de manchas escuras moi constantes e ordenadas en catro series lonxitudinais, sendo a inferior a que presenta as manchas de maior tamaño. É característica a presenza de seis barbelas na súa boca, de localización ínfera. A aleta dorsal presenta 7 raios ramificados e insírese algo posteriormente ao comezo das aletas ventrais. Sen dimorfismo sexual externo.
A posta parece ter lugar na primavera, entre marzo e maio. Desovan sobre fondos de grava en cursos de augas de corrente forte. As postas son reducidas, de tan só 200 ovos aproximadamente.
A súa dieta componse de invertebrados do fondo dos ríos (crustáceos, insectos, rotíferos, anélidos...).
Habitat:
Especie moi sedentaria, de hábitos nocturnos, que pasa a maior parte do tempo semienterrada no substrato. Adoita habitar os tramos medios dos ríos, en augas claras con fondos de grava e rocha e en zonas onde a concentración de oxíxeno disolto na auga é elevada. Evita as augas profundas e en xeral desprázase en grupos de 5-10 exemplares.
Notes:
Endemismo español. Na península Ibérica as súas poboacións son escasas e atópanse en marcada regresión. En Galicia está presente no río Tea e, polo tanto, en conexión co río Miño.
Comments (0)
Be the first to comment
Sign in to comment