Skip to main content

Lorcho fedorento (gl)

Parablennius gattorugine

Photo by caldasrafa
Published on Project Noah
Zoom
NominateNominate for Wildlife Photograph of the Month
reportFlag Spotting

42.554, -8.87163

Field Notes

Description:

dos que non teñen escamas (os lorchos escamentos son os gobios).Forma parte dunha familia moi ben representada en Galicia, con polo menos dez especies. Esta é unha das mais frecuentes.
Recoñécese porque ten unhas bandas escuras (6 ou 7) no corpo, e tentáculos nas fendeduras nasais e sobre os ollos. Son de cor marrón escura ou acastañada, e na época da reproducción ( primavera) vólvense, os machos, un pouco mais achocolatados.
Viven a pouca profundidade (ata os 20 ou 30 metros), e os xuvenis pódense atopar nas pozas da marea baixa. Son omnívoros: normalmente comen pequenos invertebrados, pero tamén petiscan nas algas.

Habitat:

Na época de reproducción, o macho busca un burato ou unha fendiña. Alí van as fémias e depositan os ovos, que son fertilizados e custodiados polo macho ata a eclosión

O P. gattorugine é un peixe que vive dende o norte de Europa ata Marrocos na costa Atlántica, e tamén no Mediterráneo. Non está nas Azores nen Madeira (onde é sustituído polo P. ruber).

Notes:

O P. gattorugine diferénciase ben de case todos os blenios, excepto de un: o Parablennius ruber. Ata fai pouco tempo de feito considerábanse a mesma especie (un era unha variación cromática do outro) pero a finais do século pasado confirmáronse como dúas especies diferentes. A identificación "in situ" pode non ser fácil, xa que o comportamento e a morfoloxía son moi similares. As diferencias están na liña lateral e na forma dos tentáculos supraorbitais ( os que están por riba dos ollos), aína que pode ser mais útil saber que o P. ruber, como o seu nome indica, presenta unha coloración muito mais roxiza.

Species ID Suggestions

Comments (0)

Be the first to comment

Sign in to comment

Accelerate our Mission to Photograph 
Every Species in the World!

Image
Butterflies icon

Wildlife Community

Wildlife Community

Join a worldwide community passionate about wildlife and nature!

Join Project Noah

Nature School

Nature School

Transform your green space into a curiosity-creating nature classroom!

Visit Nature School

Wildlife Game

Wildlife Game

Defend wildlife throughout the jungle in thrilling nature game!

Play Baboon